Non sei por qué, non sei cómo
Non sei onde, nin sei cando;
Pero entre fusco e lusco
Estareite aquí agardando
Dime por qué, dime cómo
Dime onde, dime cando;
Sabes que entre fusco e lusco
Estareite aquí esperando
Como un paxaro sen aire
Atravesando camiños
Vives no teu mundo alleo
E foxes do teu destino
Se che canto, non me escoitas;
Se te chamo, non respondes
Non me colles, nin me deixas;
Non me deixas, nin me colles
Quítasme o sono na noite
E por moito que che diga
Acabas sempre levándome
Os soños que prometías
Non me podes ver de preto
Nin de lonxe tan sequera
Pasas diante dos meus ollos
Como se eu non estivera
Non sei por qué, non sei cómo
Non sei onde nin sei cando;
Pero entre fusco e lusco
Estareite aquí agardando
Dime por qué, dime cómo
Dime onde, dime cando;
Sabes que entre fusco e lusco
Estareite aquí esperando